Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2019

Presentación en Ourense de “Infamia” de Ledicia Costas

O xoves 20 de xuño de 2019, ás 19:30 horas, na librería Espacio Lector Nobel “Internacional”, rúa Concordia 8, Ourense, terá lugar a presentación da novela Infamia de Ledicia Costas. No acto participarán Celia Pereira Porto e Ledicia Costas.

Novidade: «A nena, o monstro e o mar», de Teresa González Costa. A historia da nena que quería saber onde fora parar o mar que antes rodeaba a vila

A nena, o monstro e o mar, de Teresa González Costa, con ilustracións de Martín Romero, é unha novidade da colección Sopa de Libros de Xerais. Leopolda Diéguez cóntalle a Gran Gogol a historia da nena que quería saber onde fora parar o mar que antes rodeaba a vila, e do monstro que construíu un muro para que a auga salgada non volvese chegar ata alí.

Novidade: «Antón e os inocentes», de X.L. Méndez Ferrín. A historia dunha viaxe cara as sombras da que é imposible regresar

Antón e os inocentes, de X.L. Méndez Ferrín, é unha novidade da colección Clásicos de Xerais. Aparecida por primeira vez en 1976, a novela Antón e os inocentes segue a nos interpelar na contemporaneidade. Unha escrita hábil e desbordante é a responsable de encher as que, segundo Ferrín, son as súas «páxinas máis exactas, duras e esixentes». Narda e Berto conflúen no Vigo proletario e convulso da década de 1950.

Foi o matrimonio de Elisa e Marcela unha tapadeira ou esconderon a súa relación ata o final?: «Elisa e Marcela. Amigas e amantes». Reportaxe en «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha reportaxe de Mila Méndez sobre o libro: Elisa e Marcela. Amigas e amantes, de Narciso de Gabriel. O libro está publicado por Xerais na colección Grandes Obras – Edicións Singulares.   Elisa e Marcela: Por qué se separaron? Lucharon e hicieron lo imposible por estar juntas. Primero en Galicia y después en Oporto.

Presentación en Santiago de “Fornelos & Fornelos: terceira fundación” de Xerardo Quintiá

O mércores 19 de xuño de 2019 ás 20:30 horas, na libraría Chan da Pólvora, rúa de San Pedro, 74, Santiago, terá lugar a presentación do libro Fornelos & Fornelos:  terceira fundación de Xerardo Quintiá, VII Premio de poesía Manuel Lueiro Rey. No acto acompañarán ao autor Carlos Negro e Fran Alonso.

Unha alegación de corte pacifista: «A guerra dos botóns», de Louis Pergaud. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: A guerra dos botóns, de Louis Pergaud. O libro está publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.

Xerais acaba de incorporar ao seu catálogo unha páxina ilustre: «Historia da literatura galega IV», de Xosé Ramón Pena. Crítica de Xesús Alonso Montero

O xornal La Voz de Galicia publicou unha anotación de Xesús Alonso Montero sobre o libro Historia da literatura galega IV. De 1936 a 1975. A “longa noite”, de Xosé Ramón Pena. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Ledicia Costas: «A literatura debe estar implicada coa sociedade na que vive». Entrevista no xornal «Faro de Vigo» sobre o libro: «Infamia»

O xornal Faro de Vigo, publicou unha entrevista de Mar Mato á escritora Ledicia Costas sobre o libro: Infamia. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

O Concello de Redondela reedita o libro: «Estirpe», de Xosé Luís Méndez Ferrín. Noticia no Sermos Galiza

O xornal Sermos Galiza publicou unha anotación de Daniel Salgado sobre a reedición do libro: Estirpe, de X. L. Méndez Ferrín, polo Concello de Redondela. O libro está publicado por Xerais na colección: Poesía, e recibiu o Premio da Crítica, 1994 (poesía) – Premio Losada Diéguez (Creación Literaria), 1995.   A segunda vida de «Estirpe» Era 1994 e Europa entraba en fase histórica descoñecida.

Narciso de Gabriel: «Os medios de comunicación xogaron un papel fundamental no escarnio e persecución destas dúas mulleres». Entrevista en «Diario Tecnología» sobre: «Elisa e Marcela. Amigas e amantes»

Diario Tecnología, o diario de noticias sobre tecnoloxía e internet, publicou unha entrevista a Narciso de Gabriel sobre o libro: Elisa e Marcela. Amigas e amantes. O libro está publicado por Xerais na colección: Grandes Obras – Edicións Singulares.

Cecilia F. Santomé: «Esta novela é o retrato dunha parella na trintena que vive unha situación de conflito íntimo, social e laboral». Entrevista en «Palabra de Gatsby» sobre: «Quérote. Eu tampouco»

O blog Palabra de Gatsby publicou unha entrevista de David González Domínguez a Cecilia F. Santomé sobre o libro: Quérote. Eu tampouco. O libro está publicado por Xerais na colección Milmanda. Cecilia F. Santomé: “Neste libro quería retratar a zona de grises na que os seus protagonistas se desenvolven, sen héroes/heroínas nin rufiáns de libro” Cecilia F. Santomé (San Simón, Vilalba, 1984).

Un produto ben eleborado e de fácil dixestión: «Sen piedade», de Pedro Feijóo. Anotación de Xesús González en «Biosbardia»

Xesús González Gómez publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre o libro: Sen piedade, de Pedro Feijóo. O libro está publicado por Xerais na colección Milmanda.   ‘Sen piedade’, de Pedro Feijóo.