Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2019

A reedición do libro «Estirpe», de Méndez Ferrín, encheu o Multiusos de Xunqueira de Redondela. Noticia no Faro de Vigo

O xornal Faro de Vigo publicou unha noticia sobre a presentación do libro: Estirpe, de X. L. Méndez Ferrín, no Multiusos de Xunqueira de Redondela o día 13 de xuño de 2019. O libro gañou o Premio da Crítica, 1994 (poesía) – Premio Losada Dieguez (Creación Literaria), 1995, e está publicado por Xerais na colección Poesía. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Actos de Xerais na Feira do Libro de Cambados 2019

Do 16 ao 22 de xuño no Paseo Calzada de Cambados terá lugar a I Feira do Libro de Cambados na que Xerais ten os seguintes actos: Venres 21 de xuño ás 19:15 horas: Presentación de Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza de Pepe Barro. Acompañará ao autor Victor Caamaño.       Venres 21 de xuño ás 19:30 horas: Ledicia Costas asinará exemplares das súas obras na caseta da libraría Cartabón.

Presentación en Ourense de “Infamia” de Ledicia Costas

O xoves 20 de xuño de 2019, ás 19:30 horas, na librería Espacio Lector Nobel “Internacional”, rúa Concordia 8, Ourense, terá lugar a presentación da novela Infamia de Ledicia Costas. No acto participarán Celia Pereira Porto e Ledicia Costas.

Novidade: «A nena, o monstro e o mar», de Teresa González Costa. A historia da nena que quería saber onde fora parar o mar que antes rodeaba a vila

A nena, o monstro e o mar, de Teresa González Costa, con ilustracións de Martín Romero, é unha novidade da colección Sopa de Libros de Xerais. Leopolda Diéguez cóntalle a Gran Gogol a historia da nena que quería saber onde fora parar o mar que antes rodeaba a vila, e do monstro que construíu un muro para que a auga salgada non volvese chegar ata alí.

Novidade: «Antón e os inocentes», de X.L. Méndez Ferrín. A historia dunha viaxe cara as sombras da que é imposible regresar

Antón e os inocentes, de X.L. Méndez Ferrín, é unha novidade da colección Clásicos de Xerais. Aparecida por primeira vez en 1976, a novela Antón e os inocentes segue a nos interpelar na contemporaneidade. Unha escrita hábil e desbordante é a responsable de encher as que, segundo Ferrín, son as súas «páxinas máis exactas, duras e esixentes». Narda e Berto conflúen no Vigo proletario e convulso da década de 1950.

Foi o matrimonio de Elisa e Marcela unha tapadeira ou esconderon a súa relación ata o final?: «Elisa e Marcela. Amigas e amantes». Reportaxe en «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha reportaxe de Mila Méndez sobre o libro: Elisa e Marcela. Amigas e amantes, de Narciso de Gabriel. O libro está publicado por Xerais na colección Grandes Obras – Edicións Singulares.   Elisa e Marcela: Por qué se separaron? Lucharon e hicieron lo imposible por estar juntas. Primero en Galicia y después en Oporto.

Presentación en Santiago de “Fornelos & Fornelos: terceira fundación” de Xerardo Quintiá

O mércores 19 de xuño de 2019 ás 20:30 horas, na libraría Chan da Pólvora, rúa de San Pedro, 74, Santiago, terá lugar a presentación do libro Fornelos & Fornelos:  terceira fundación de Xerardo Quintiá, VII Premio de poesía Manuel Lueiro Rey. No acto acompañarán ao autor Carlos Negro e Fran Alonso.

Unha alegación de corte pacifista: «A guerra dos botóns», de Louis Pergaud. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: A guerra dos botóns, de Louis Pergaud. O libro está publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.

Xerais acaba de incorporar ao seu catálogo unha páxina ilustre: «Historia da literatura galega IV», de Xosé Ramón Pena. Crítica de Xesús Alonso Montero

O xornal La Voz de Galicia publicou unha anotación de Xesús Alonso Montero sobre o libro Historia da literatura galega IV. De 1936 a 1975. A “longa noite”, de Xosé Ramón Pena. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Distopía que non convence: «As mulleres da fin do mundo», de Daniel Asorey. Anotación de Eva Moreda en «Biosbardia»

Eva Moreda publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre o libro: As mulleres da fin do mundo, de Daniel Asorey. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.   ‘As mulleres da fin do mundo’, de Daniel Asorey.

Ledicia Costas: «A literatura debe estar implicada coa sociedade na que vive». Entrevista no xornal «Faro de Vigo» sobre o libro: «Infamia»

O xornal Faro de Vigo, publicou unha entrevista de Mar Mato á escritora Ledicia Costas sobre o libro: Infamia. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

O Concello de Redondela reedita o libro: «Estirpe», de Xosé Luís Méndez Ferrín. Noticia no Sermos Galiza

O xornal Sermos Galiza publicou unha anotación de Daniel Salgado sobre a reedición do libro: Estirpe, de X. L. Méndez Ferrín, polo Concello de Redondela. O libro está publicado por Xerais na colección: Poesía, e recibiu o Premio da Crítica, 1994 (poesía) – Premio Losada Diéguez (Creación Literaria), 1995.   A segunda vida de «Estirpe» Era 1994 e Europa entraba en fase histórica descoñecida.