Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2019

Narciso de Gabriel: «Os medios de comunicación xogaron un papel fundamental no escarnio e persecución destas dúas mulleres». Entrevista en «Diario Tecnología» sobre: «Elisa e Marcela. Amigas e amantes»

Diario Tecnología, o diario de noticias sobre tecnoloxía e internet, publicou unha entrevista a Narciso de Gabriel sobre o libro: Elisa e Marcela. Amigas e amantes. O libro está publicado por Xerais na colección: Grandes Obras – Edicións Singulares.

Cecilia F. Santomé: «Esta novela é o retrato dunha parella na trintena que vive unha situación de conflito íntimo, social e laboral». Entrevista en «Palabra de Gatsby» sobre: «Quérote. Eu tampouco»

O blog Palabra de Gatsby publicou unha entrevista de David González Domínguez a Cecilia F. Santomé sobre o libro: Quérote. Eu tampouco. O libro está publicado por Xerais na colección Milmanda. Cecilia F. Santomé: “Neste libro quería retratar a zona de grises na que os seus protagonistas se desenvolven, sen héroes/heroínas nin rufiáns de libro” Cecilia F. Santomé (San Simón, Vilalba, 1984).

Un produto ben eleborado e de fácil dixestión: «Sen piedade», de Pedro Feijóo. Anotación de Xesús González en «Biosbardia»

Xesús González Gómez publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre o libro: Sen piedade, de Pedro Feijóo. O libro está publicado por Xerais na colección Milmanda.   ‘Sen piedade’, de Pedro Feijóo.

Un relato engaiolante que nos enfronta á máis aterradora miseria humana: « Infamia», de Ledicia Costas. Anotación de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou no xornal Diario de Pontevedra, un artigo sobre o libro: Infamia, de Ledicia Costas. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha novela de lectura moi agradecida e simpática: «Os días felices de Benvido Seixas», de Eduard Velasco. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre o libro: Os días felices de Benvido Seixas, de Eduard Velasco. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.

Os libros: «Axente riciños», «O soño do Merlo Branco» e «O misterio do faro vello» inspiran aos gañadores do concurso «Selfie Lix»

Os libros de Xerais: Axente Riciños, O soño do Merlo Branco e O misterio do faro vello, inspiraron aos gañadores  do concurso «Selfie Lix», convocado pola OEPLI a través das súas seccións: Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, Consejo General del Libro, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil e Galtzagorri Elkartea, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, para conmemorar a celebración

Os gañadores dos Premios Xerais 2019, nos medios e na Rede

  O sábado, día 8 de xuño de 2019, anunciouse en Vigo o ditame da XXXVI edición do Premio Xerais de Novela, a XI edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e a XXXIV edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotados con cadanseu premio de 10.000 euros. O xurado da XXXVI edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.

Amador Castro por «Shanghai a Barcelona», Emma Pedreira por «Os corpos invisibles» e Rosa Aneiros por «Xelís, o guieiro das botellas de mar», premios Xerais 2019

O sábado, día 8 de xuño de 2019, anunciouse en Vigo o ditame da XXXVI edición do Premio Xerais de Novela, a XI edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e a XXXIV edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotados con cadanseu premio de 10.000 euros.   «Shanghai a Barcelona» de Amador Castro Premio Xerais de Novela 2019 O xurado da XXXVI edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.

Fran Alonso, director de Xerais: «A característica dos premios Xerais é a súa heteroxeneidade». Entrevista no «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Fran Alonso, director de Xerais,  na que fai balance persoal e profesional do seu traballo á fronte da editorial, e na que fala tamén dos premios Xerais. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

A apatía e o mecanicismo das relacións sentimentais: «Quérote. Eu tampouco», de Cecilia F. Santomé. Anotación de Diego Ameixeiras

O suplemento Fugas do xornal La Voz de Galicia publicou una anotación do escritor Diego Ameixeiras sobre o libro: Quérote. Eu tampouco, de Cecilia F. Santomé. O libro está editado por Xerais na colección Milmanda. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

«Infamia», de Ledicia Costas, e «Fornelos & Fornelos», de Xerardo Quintiá, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de xuño

Infamia, de Ledicia Costas; e Fornelos & Fornelos, de Xerardo Quintiá, publicados por Xerais, atópanse entre os libros máis recomendados polos críticos na Tabela dos Libros do mes de xuño de 2019.

O escritor Antonio Piñeiro gaña o “VII Premio de Novela de Riveira” coa obra: «Celada». Noticia no xornal «El Correo Gallego»

O escritor ribeirense Antonio Piñeiro gañou a VII edición do Premio de Novela Curta ‘Cidade Centenaria de Riveira´ coa obra: Celada. O premio está convocado polo Concello de Ribeira, tén unha dotación de 3000€  e contará coa publicación do libro por Xerais na primavera de 2020. A noticia foi publicada polo xornal El Correo Gallego. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.