Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2019

Nove escritores xa se atopan máis perto dos Premios Xerais. Noticia no xornal Atlántico Diario

O xornal Atlántico Diario publicou unha noticia sobre a reunión que mantiveron os xurados das tres categorías dos Premios Xerais 2019 para decidir as obras finalistas dos mesmos. A noticia pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un cóctel narrativo de alta tensión cun alambicado poético moi estimable: «Infamia», de Ledicia Costas. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Infamia, de Ledicia Costas. O libro está publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Grazas, mestre, por este novo universo que xa pasou a formar parte do noso imaxinario: «A nena do abrigo de astracán», de Xabier P. DoCampo. Anotación de Pilar Sampedro en Galicia Digital

O portal Galicia Digital  publicou unha anotación de Pilar Sampedro sobre o libro: A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo Agora que xuño chama á porta, lembramos que hai un ano nos deixou Docampo, “o mestre das viaxes imaxinarias” como o definiu Héctor Cajaraville.

Un percorrido pola historia, circunstancias e razóns do feito literario: «Dentro da literatura», de Suso de Toro. Crítica no blog «Balea Cultural»

O blog Balea Cultural publicou unha recensión de Iria Pedreira sobre o libro: Dentro da literatura, de Suso de Toro. O libro está publicado por Xerais na colección Ensaio.

Unha novela pensada para público adulto que presenta uns feitos escalofriantes e moi desacougantes: «Infamia», de Ledicia Costas. Crítica de Eva Loureiro en Cope Ferrol

O programa Mediodía Cope Ferrol, da Cadena Cope, emitiu unha intervención de Eva Loureiro para falar do libro: Infamia, de Ledicia Costas.  O libro está publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

A Biblioteca Dramática Galega crece con dous novos títulos: «Somos os monstros» e «Ás oito da tarde, cando morren as nais». Anotación de Manrique Fernández

O blog O meu andel publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre os libros: Somos os monstros, de Paula Carballeira e Ás oito da tarde, cando morren as nais, de AveLina Pérez, publicados por Xerais na colección Biblioteca Dramática Galega.

Antonio García Teijeiro: «Estou moi orgulloso de dedicarme principalmente á literatura infantil e xuvenil». Entrevista no xornal «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela ao escritor Antonio García Teijeiro, na que fala sobre o libro: Poemar o mar, co que gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2017. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación na Coruña de “Infamia” de Ledicia Costas

O luns 10 de xuño ás 19:30 horas, na librería Moito Conto, rúa San Andrés 35, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Infamia de Ledicia Costas. No acto intervirán Antonio Manuel Fraga, Fran Alonso e Ledicia Costas.

Unha novela de suspense psicolóxico que pon enriba da mesa os esteos dunha sociedade machista: « Infamia», de Ledicia Costas. Crítica de Ramón Nicolás no suplemento Fugas

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, unha anotación sobre o libro: Infamia, de Ledicia Costas. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un poemario no que o amor e o desamor conviven e coliden entre os versos: «Sandalias verdes», de Pilar G. Rego. Anotación no «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de Román Raña sobre o libro: Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros, de Pilar G. Rego. O libro está publicado por Xerais na colección: Poesía. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un volume curiosísimo e misceláneo onde todos os camiños conflúen en Vigo: «Un conto siciliano e outras historias», de Estro Montaña. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa, El Ideal Gallego e Diario de Bergantiños unha recensión sobre o libro Un conto siciliano e outras historias, de Estro Montaña. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Melide de “Revolución Detrito” de Xosé de Cea

O sábado 8 de xuño ás 20:00 horas, no Museo da Terra de Melide, terá lugar a presentación do libro Revolución Detrito de Xosé de Cea, finalista do XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil. No acto, organizado coa colaboración do Museo da Terra de Melide, a Asociación Veciñal Melidá e da Asociación Cultural Terra de Melide, participarán Marga Quintela, Antom Laia e Xosé de Cea.