Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2019

Finalistas dos Premios Xerais 2019

O venres 31 de maio 2019 tivo lugar en Vigo a primeira reunión dos xurados dos Premios Xerais 2019 para seleccionar as obras finalistas. O xurado da XXXVI edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.

Moitos datos e documentos inéditos que dan consistencia a un retrato elaborado dende hai case corenta anos: «Rafael Dieste. O libre pensamento», de Luís Rei Núñez. Crítica en «Café Barbantia»

O blog Café Barbantia publicou unha anotación de X. Ricardo Losada sobre o libro: Rafael Dieste. O libre pensamento, de Luís Rei Núñez. O libro está publicado por Xerais na colección: Biografía.     «Rafael Dieste.

Unha novela que nos ata e nos deixa sen palabras: « Infamia», de Ledicia Costas. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Infamia, de Ledicia Costas. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. Infamia, de Ledicia Costas Seguramente Ledicia Costas non pensaba en provocarme insomnio cando escribiu o seu libro, mais abofé que o conseguiu. Porque deitar deiteime (moi tarde), pero o libro estaba sen rematar e seguía a clamar por min dende esas páxinas abandonadas.

Homenaxe a Xabier P. DoCampo no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña. Noticia no xornal «El Progreso»

  O xornal El Progreso publicou una reportaxe asinada por Nacho G. Menéndez sobre a homenaxe a Xabier P. DoCampo, autor de varios libros publicados por Xerais, que se celebrou no teatro Rosalía de Castro de A Coruña, nun acto organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.