Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2019

Unha obra brutal: «Infamia», de Ledicia Costas. Crítica na web Nueva Revolución

A web Nueva Revolución publicou unha recensión de Ángelo Nero sobre o libro: Infamia, de Ledicia Costas, publicado por Xerais na colección Narrativa.

Berta Dávila: «Con este libro estimaba que tiña que facer un texto honesto, directo e limpo». Entrevista no «Sermos Galiza» sobre «Raíz da fenda»

O xornal Sermos Galiza publicou unha entrevista de Carme Vidal a Berta Dávila na que fala sobre o libro de poesía: Raíz da fenda. O libro gañou o XV Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu – Premio da Crítica en Lingua Galega 2014, e está publicado por Xerais na colección: Poesía. (Imaxe: Distrito Xermar – Sermos Galiza).

Un excelente libro que recolle a traxedia que viviu un sabio ameazado pola ignorancia e a intransixencia: «Galileo no espello da noite», de Xabier Paz. Crítica en «Café Barbantia»

O blog Café Barbantia publicou unha anotación de Xerardo AgraFoxo sobre o libro: Galileo no espello da noite, de Xabier Paz. O libro está publicado por Xerais na colección: Narrativa.

O camiño máis directo a un home libre: «Rafael Dieste. O libre pensamento», de Luís Rei Núñez. Anotación de Diego Ameixeiras

O xornal La Voz de Galicia publicou unha anotación de Diego Ameixeiras sobre o libro: Rafael Dieste. O libre pensamento, de Luís Rei Núñez. O libro está publicado por Xerais na colección: Biografía. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha novela que se deixa devorar: «Os días felices de Benvido Seixas», de Eduard Velasco. Crítica na web «Fervenzas Literarias»

A revista de literatura galega Fervenzas Literarias publicou unha anotación de Nacho Alonso sobre o libro: Os días felices de Benvido Seixas, de Eduard Velasco, publicado por Xerais na colección Narrativa.   Recensión: Eduard Velasco, «Os días felices de Benvido Seixas»   Recibimos como unha agradable sorpresa o novo deseño da colección de Narrativa de Xerais.

O significado dun libro corenta anos despois da súa publicación orixinal: «O Fresco. Memorias dun fuxido, 1936», de Víctor F. Freixanes. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: O Fresco. Memorias dun fuxido, 1936, de Víctor F. Freixanes. O libro está publicado por Xerais na colección Crónica – Memoria.   O Fresco. Memorias dun fuxido, 1936, de Víctor F. Freixanes Lourenzo Fernández Prieto fala, no imprescindible prólogo desta reedición, de que este é un libro seminal.

Unha temática atractiva, unha presentación engaiolante e unha extraordinaria riqueza no detalle: «Aprende banda deseñada con Fiz», de Kiko da Silva. Anotación no Faro de Vigo

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de María Navarro sobre o libro: Aprende banda deseñada con Fiz, de Kiko da Silva. O libro está publicado por Xerais na colección: Cómics. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un brillante manual sobre as infelicidades contemporáneas: «Un peixe no parqué», de Ramón Vilar Landeira. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou no seu blog Brétemas unha anotación sobre o libro: Un peixe no parqué, de Ramón Vilar Landeira. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.    Un peixe no parqué, de Ramón Vilar Landeira   Lin onte dunha sentada Un peixe no parqué, o novo libro de narrativa de Ramón Vilar Landeira.

Ledicia Costas: «Este libro naceu hai dez anos, cando asasinaron a Marta del Castillo, un caso que me traspasou». Entrevista na web «A Movida» sobre: «Infamia»

  A web A Movida publicou unha entrevista de Tamara Novoa coa escritora Ledicia Costas sobre o libro: Infamia. O libro está publicado por Xerais na colección: Narrativa. (Imaxe: Uxía Soliño – amovida.gal).

Padrón, a localidade que exerce de fronteira meteorolóxica en Galicia: «Os tempos e o clima de Galicia». Entrevista con Alberto Martí en «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Xavier Fonseca ao climatólogo da Universidade de Santiago, Alberto Martí, sobre o libro: Os tempos e o clima de Galicia, do que é autor xunto con Juan José Taboada, Dominic Royé e Xavier Fonseca. O libro está publicado por Xerais na colección Básicos Ciencia.   Confirmado, o tempo cambia en Padrón En la orquesta de la atmósfera, el viento tiene la batuta.

Un percorrido estupendo pola banda deseñada contemporánea galega: «O puño e a letra», de Yolanda Castaño. Anotación no Diario Cultural

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha reportaxe sobre o libro: O puño e a letra, de Yolanda Castaño, publicado por Xerais na colección Grandes Obras – Edicións Singulares. A peza pode escoitarse nesta ligazón.

Ledicia Costas: «Para min a literatura é unha ferramenta para intentar comprender este mundo que estamos construindo». Entrevista no Telexornal Galicia de RTVE sobre: «Infamia»

O Telexornal – Galicia, de RTVE, emitiu unha entrevista coa escritora Ledicia Costas sobre o libro Infamia, publicado por Xerais na colección Narrativa. A noticia pode verse nesta ligazón.