Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2019

Unha obra interesante incluso para mozos e mozas que non sexan moi amigos da lectura: «O grupo», de An Alfaya. Crítica de Montse Pena Presas no Diario Cultural

Montse Pena Presas interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: O grupo, de An Alfaya. O libro gañou o XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2018, e está publicado por Xerais na colección: Fóra de Xogo. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 5´.

Unha novela que se propón como conquista para lectores e lectoras expertos de oito anos en diante: «A nena, o monstro e o mar», de Teresa González Costa. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou no seu blog Brétemas unha anotación sobre o libro: A nena, o monstro e o mar, de Teresa González Costa, con ilustracións de Martín Romero. O libro está publicado por Xerais na colección Sopa de Libros.

Presentación en Marín de “Dragal V. O segredo do dragón” de Elena Gallego Abad

O venres 4 de outubro de 2019 ás 20:00 horas, no Ateneo Santa Cecilia, rúa do Forno 42, Marín, terá lugar a presentación do libro Dragal V. O segredo do dragón de Elena Gallego Abad. No acto participarán Fran Alonso e Elena Gallego Abad. Paco Pernas de Petanaporta Teatro fará unha performance. Organiza o acto o Ateneo Santa Cecilia en colaboración co Concello de Marín.

Un libro que supuxo un antes e un despois na visión que temos do imaxinario máxico de Galicia: «Diccionario dos seres míticos galegos». Anotación en «Cultura Galega»

A revista Cultura Galega, do Consello da Cultura Galega, publicou unha anotación sobre o libro: Diccionario dos seres míticos galegos, con motivo de cumprirse 20 anos da súa saída ao prelo.

Unha lectura imprescindible para calquera que pretenda coñecer o que se está a cocer nas nosas letras nestes intres: «O ceo das reixas», de Eli Ríos. Anotación de Manrique Fernández

O blog O meu andel publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre o libro O ceo das reixas, de Eli Ríos, publicado por Xerais na colección Narrativa.

Unha historia pola que transitan personaxes ateigados de grises que camiñan entre a bondade e a maldade: «Infamia», de Ledicia Costas. Crítica en Lecturafilia

O blog Lecturafilia publicou unha recensión de Tensi Gesteira sobre o libro Infamia, de Ledicia Costas, publicado por Xerais na colección Narrativa.   Infamia, de Ledicia Costas (Xerais)   Todas as persoas convivimos cun trauma, o cal ás veces que se supera e outras non.

Presentación en Santiago de “Da Carapuchiña ao señor Lamote” de Miguel Vázquez Freire

O xoves 3 de outubro de 2019, ás 19:30 horas, na Biblioteca Afundación, rúa Frei Rosendo Salvado 17-16, Santiago, terá lugar a presentación do libro Da Carapuchiña ao señor Lamote de Miguel Vázquez Freire. No acto participarán Isabel Soto e Miguel Vázquez Freire.

«Dragal V. O segredo do dragón», de Elena Gallego Abad, recomendación de lectura da Libraría Couceiro

Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en CorreoTV, animaron á lectura do libro: Dragal V. O segredo do dragón, de Elena Gallego Abad, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. A recomendación pode verse nesta ligazón.

Unha historia trepidante e de aventuras de lectura moi agradecida para lectores de todas as idades: «Illas a sotavento», de Henrique Dacosta. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Illas a sotavento, de Henrique Dacosta. O libro gañou o XXV Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta, e está publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Unha aportación fresca ás novidades do verán en lingua galega. «Quérote. Eu tampouco», de Cecilia F. Santomé. Anotación en Disquecool

Disquecool, o medio de tendencias made in Galicia, publicou unha anotación de Raquel C. Pico sobre o libro: Quérote. Eu tampouco, de Cecilia F. Santomé, publicado por Xerais na colección Milmanda. Quérote.

Helena González: «Facer este libro foi como armar un xoguete fermoso». Entrevista en «A Nosa Terra» sobre: «Rosalía feminista»

O xornal A Nosa Terra publicou unha entrevista de Xan Carballa á Helena González sobre o libro: Rosalía feminista, publicado por Xerais na colección Poesía. (Imaxe: A Nosa Terra).

Todo un clásico dentro da literatura galega: «Cartas de inverno», de Agustín Fernández Paz. Crítica de Antón García-Fernández en «Versos e aloumiños»

Antón García-Fernández publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre o libro: Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Antonio Seijas. O libro gañou o Premio Rañolas ó Libro Infantil e Xuvenil do Ano, 1995, e está publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.