Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2019

Ledicia Costas: «Con este libro quixen escribir sobre unha desaparición e incidir na dor dos pais». Entrevista na revista Vanity Fair sobre: «Infamia»

A revista Vanity Fair publicou unha noticia asinada por Laura Mas sobre Infamia, de Ledicia Costas.

Miguel Mirás: «Este libro está feito para que todo o mundo poida aprender con el». Anotación en GCiencia sobre: «Mate-glifos. Orixe e evolución dos símbolos en matemáticas»

GCiencia, a revista on line de xornalismo e divulgación, publicou unha noticia sobre a presentación na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela do libro: Mate-glifos. Orixe e evolución dos símbolos en matemáticas, do que son autores Nicanor Alonso e Miguel Mirás. O libro está publicado por Xerais na colección Básicos Ciencia (Foto: DUVI).

Un universo simbólico onde o humano e o fantástico se unen: «Somos os monstros», de Paula Carballeira. Crítica de Alba Piñeiro en «Versos e aloumiños»

O blog Versos e Aloumiños, que dirixe Antonio García Teijeiro, publicou unha anotación de Alba Piñeiro sobre o libro: Somos os monstros, de Paula Carballeira, ilustrado por Ignacio Hernández Fernández. O libro gañou o X Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2018, e está publicado por Xerais na colección Biblioteca Dramática Galega.

Un libro que nos axuda a entender a literatura infantil dende outras perspectivas: «Da Carapuchiña ao señor Lamote», de Miguel Vázquez Freire. Crítica de Montse Pena Presas no Diario Cultural

Montse Pena Presas interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Da Carapuchiña ao señor Lamote, de Miguel Vázquez Freire, publicado por Xerais na colección: LibroX. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Deixarse ir na narrativa de María Reimóndez é unha auténtica ledicia: «As estacións do lobo», de María Reimóndez. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre o libro: As estacións do lobo, de María Reimóndez, publicado por Xerais na colección Narrativa.   Crítica de «As estacións do lobo» (María Reimóndez)   Partamos da evidencia de que as relacións interpersoais NUNCA son doadas. Nunca. Tanto ten que esas relacións sexan heterosexuais como homosexuais.

Anxo Angueira: «Neste libro quixen analizar a historia da palabra e da idea de Rexurdimento na literatura e na cultura galega contemporáneas». Entrevista no xornal «Faro de Vigo» sobre: «Rexurdimento: a palabra e a idea»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela ao escritor e filólogo Anxo Angueira sobre o libro: Rexurdimento: a palabra e a idea, publicado por Xerais. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Uns versos que conseguen facer que o vento fale de mil formas diferentes: « Vento, ventiño, venteiro», de Antonio García Teijeiro. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Vento, ventiño, venteiro, de Antonio García Teijeiro, con ilustracións de María Lires. O libro está publicado por Xerais na colección Sopa de Libros.

«As estacións do lobo», de María Reimóndez, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de outubro

As estacións do lobo, de María Reimóndez, é un dos libros recomendados polos críticos na Tabela dos Libros do mes de outubro de 2019. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.

Xerais publica en galego o cómic «Fariña», baseado no libro de Nacho Carretero. Noticia no xornal «El Progreso»

O xornal El Progreso publicou unha noticia sobre a aparición de Fariña como novela gráfica, publicada por Xerais en galego.   «Fariña», aparece como novela gráfica en español e galego El dibujante Luis Bustos se sitúa al frente de obras basadas en la crónica de Nacho Carretero, que fue libro y ya es serie y obra de teatro Fariña nació como crónica en forma de libro que editó Libros del K.O.

Ramón Vilar Landeira: «Sempre me resultou máis cómodo moverme nas historias curtas». Entrevista en Radiofusión sobre: «Un peixe no parqué»

Un peixe no parqué, de Ramón Vilar Landeira, protagonizou un novo encontro do clube de lectura de Radio Fene Radiofusión, no que participaron Henrique Sanfiz, Esther Val, Tatty Lavandeira e Andrés C.M. Riveira, ademais do autor. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

Unha narración de ton coloquial no que o cotián é extraordinario: «O grupo», de An Alfaya. Anotación no Faro de Vigo

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de María Navarro sobre o libro: O grupo de An Alfaya. O libro gañou o XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2018, e está publicado por Xerais na colección: Fóra de Xogo. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Miguel Vázquez Freire: «Este libro é unha homenaxe á lectura e á paixón lectora». Entrevista no «Diario Cultural» sobre: «Da Carapuchiña ao señor Lamote»

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con Miguel Vázquez Freire sobre o libro: Da Carapuchiña ao señor Lamote, publicado por Xerais na colección: LibroX. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.