Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2019

Un álbum inspirado na activista Greta Thunberg que fala da adolescencia e das herdanzas: «Astérix: A filla de Vercinxetórix», de René Goscinny. Crítica de Carlos Portela no Diario Cultural

Carlos Portela interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Astérix: A filla de Vercinxetórix, de René Goscinny, publicado por Xerais na colección: Cómics. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Bragado investiga a esencia da cidade na súa obra: «Vigo, puro milagre». Noticia no «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha noticia sobre a presentación do libro: Vigo, puro milagre, de Manuel Bragado, publicado por Xerais na colección Crónica. A noticia pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha novela peculiar, traballada, arriscada no seu prantexamento e resolta con gran habilidade: «Shanghai a Barcelona», de Amador Castro. Anotación de Manrique Fernández

O blog O meu andel publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre o libro Shanghai a Barcelona, de Amador Castro Moure, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2019. Amador Castro, «Shanghai a Barcelona» Cando unha novela vén avalada polo premio Xerais merece, cando menos, prestarlle unha mínima atención.

Presentación na Coruña de “Un lume azul” de Pedro Feijoo

O martes 3 de decembro de 2019 ás 19:30 horas, na librería Moito Conto, rúa San Andrés 35, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Un lume azul  de Pedro Feijoo. No acto participarán Pedro Feijoo e Fran Alonso.

Programa de Xerais no Culturgal 2019

O venres 29 comeza o Culturgal 2019 para o que Xerais ten organizado un completo programa.

Xerais dedica o seu calendario 2020 ás traballadoras de Massó, a antiga conserveira de Bueu. Reportaxe no xornal «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha reportaxe asinada por David García sobre o calendario de Xerais para o ano 2020, que está composto por imaxes das traballadoras de Massó, a antiga conserveira de Bueu. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un libriño que nos leva a explorar novos mundos sen saír do edificio no que residimos: «Conexión Macarrón», de Ledicia Costas. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Conexión Macarrón, de Ledicia Costas, con ilustracións de Laura Suárez. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín.

Unha historia de mulleres inserida nun ambiente de tensión que chega case á agonía: «O ceo das reixas», de Eli Ríos. Anotación no «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de Pilar Ponte sobre o libro: O ceo das reixas, de Eli Ríos, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «Imaxes nenez-vellez na LIX», de Red Temática de Investigación “LIJMI”. Unha obra que afonda nas representacións da infancia e a ancianidade na literatura infantil e xuvenil

Imaxes nenez-vellez na LIX, de Red Temática de Investigación “LIJMI”, é unha novidade da colección Didáctica de Xerais.

Novidade: «Os camiños do vento», de Xavier Estévez. Unha viaxe a través dos camiños do vento

Os camiños do vento, de Xavier Estévez, con ilustracións de Xosé Cobas, é unha novidade da colección Merlín de Xerais. Lucas e Sara comezan o novo curso xuntos no instituto. O cambio á ESO non será doado, e menos cando un novo misterio peta nas súas portas. Unha pequena ladroa de peixe aparece no peirao onde adoitan ir pasear.

Unha obra que deixa pouso e que indaga na responsabilidade que temos como sociedade para mudar a orde das cousas: «Os corpos invisibles», de Emma Pedreira. Crítica en Lecturafilia

O blog Lecturafilia publicou unha recensión de Tensi Gesteira sobre o libro Os corpos invisibles, de Emma Pedreira. O libro gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2019, e está publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.   Os corpos invisibles, de Emma Pedreira (Xerais)   “Cando una non é fidalga, é dicir, de boa familia, nin ten o diñeiro suficiente para poder estudar, non estuda.

Un mangado de contos nos que acontece a vida duns personaxes perplexos, apampados, campantes: «Un peixe no parqué», de Ramón Vilar Landeira. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa, El Ideal Gallego e Diario de Bergantiños unha anotación sobre o libro Un peixe no parqué, de Ramón Vilar Landeira, publicado por Xerais na colección Narrativa. A crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.