Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2019

Presentación na Coruña de “A morte de Galicia” ed. Isidro Dubert

O xoves 14 de novembro de 2019, ás 19:30 horas, na librería Lume, rúa Fernando Macías 3, A Coruña, terá lugar a prensentación de A morte de Galicia ed. Isidro Dubert. No acto participarán Antía Pérez Caramés, Isidro Dubert e Francisco X. González García.

Unha historia curta, concentrada e moi densa en termos de imaxinación: «Conexión Macarrón», de Ledicia Costas. Anotación no Faro de Vigo

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de María Navarro sobre o libro: Conexión Macarrón de Ledicia Costas, con ilustracións de Laura Suárez. O libro está publicado por Xerais na colección: Merlín. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

«Un lume azul», a nova novela de Pedro Feijóo, chegará ás librarías o 21 de novembro. Noticia nos xornais «La Región» e «Atlántico Diario»

Os xornais Atlántico Diario e La Región publicaron unha noticia asinada por Ana Baena sobre a nova novela de Pedro Feijóo, Un lume azul, que publica Xerais na colección Narrativa e que chegará ás librarías a finais de novembro. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Xosé Luís Méndez Ferrín, Facho de Ouro 2019

A Agrupación Cultural O Facho acordou entregar o Facho de Ouro 2019 a Xosé Luís Méndez Ferrín. O acto de entrega do premio terá lugar no Hotel Riazor da Coruña o día 14 de decembro ás 21.00 horas, no transcurso dunha cea-homenaxe.

Presentación en Vigo de “As estacións do lobo” de María Reimóndez

O martes 12 de novembro de 2019, ás 20:30 horas, no Café de Catro a Catro, rúa Girona 16, Vigo, terá lugar a presentación do libro As estacións do lobo de María Reimóndez. No acto acompañarán á autora Ánxela Lema, Eva Mejuto, Montse Paz, Mercedes Peón e Eva Teijeiro.

O thriller detectivesco convértese na gran aposta dos escritores galegos: «Infamia», de Ledicia Costas e «Os fillos do lume», de Pedro Feijóo. Reportaxe en «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha reportaxe asinada por Susana Acosta sobre o thriller detectivesco en Galicia, con mención a dous libros publicados por Xerais: Infamia, de Ledicia Costas; e Os fillos do lume, de Pedro Feijóo. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nestas ligazóns.

Unha reflexión con valentía crítica sobre o Rexurdimento no seo da historiografía da literatura galega: «Rexurdimento: a palabra e a idea», de Anxo Angueira. Anotación de Joaquim Ventura

Joaquim Ventura publicou nos xornais El Correo Gallego e Galicia Hoxe unha anotación sobre o libro: Rexurdimento: a palabra e a idea, de Anxo Angueira.   Houbo rexurdimento? No meu exercicio como estudoso da literatura galega, sempre manifestei a miña impresión sobre a preguiza habitual dos máis dos críticos á hora de abordar a súa historia e os seus contidos.

Unha historia trepidante que mestura soño e realidade e que mantén a intriga ata o final: «Orestes perde o sentido!», de Rosa Aneiros. Anotación en El Correo Gallego

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Carmen Ferreira sobre o libro: Orestes perde o sentido!, de Rosa Aneiros, con ilustracións de Kiko da Silva. O libro está publicado por Xerais na colección Sopa de Libros. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

María Solar: «A primeira cousa que aprenden os nenos con este libro é que non é divertido ser a víctima, a persoa da que se rin os demais». Entrevista en «La Pequeteca», de RTVE, sobre: «Quokka Moka»

O programa La Pequeteca, de RTVE -Radio 5-, emitiu unha entrevista coa escritora e xornalista María Solar sobre o libro: Quokka Moka, publicado por Xerais na colección: Merlín. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Un traballo inzado de ideas con enxundia: «A morte de Galicia», de Isidro Dubert (ed.). Anotación na revista Luzes

A revista Luzes publicou unha anotación de David Rodríguez sobre o libro: A morte de Galicia, de Isidro Dubert (ed.), publicado por Xerais na colección Historia.   ‘A morte de Galicia’ (Isidro Dubert (ed.)   Michel Foucault denominaba «biopolítica» ao modo de goberno e xestión dos procesos biolóxicos da poboación.

«Esmeraldina, a pequena defunta», de Ledicia Costas, entre os libros recomendados polo xornal «La Opinión» para o Samaín

O xornal La Opinión publicou un artigo asinado por Selina Otero sobre as lecturas máis recomendables para Samaín, entre as que subliña o libro: Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas, publicado por Xerais na colección Merlín. O libro gañou o Premio Fervenzas 2016 ao Mellor Libro de Literatura Infantil – Recomendado pola “Guía de literatura infantil e xuvenil para a igualdade” da Xunta de Galicia.

Antía Yáñez gaña o III Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil coa obra: «Plan de rescate». Noticia en varios medios de comunicación

A escritora Antía Yáñez Rodríguez gañou o III Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade pola obra titulada: Plan de rescate.  O libro será publicado por Xerais no mes de setembro de 2020.