Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2019

Presentación en Lugo de “Un lume azul” de Pedro Feijoo

O venres 13 de decembro de 2019 ás 20:00 horas, na librería Lectocosmos, Praza Anxo Fernández Gómez 3, Lugo, terá lugar a presentación da novela Un lume azul de Pedro Feijoo. No acto, organizado dentro do ciclo Tarde de Libros nos #30anosnobelcela, participarán Javier Pintor, Pedro Feijoo e presentará Cecilia F. Santomé.

Presentación en Pontevedra de “Un lume azul” de Pedro Feijoo

O xoves 12 de decembro de 2019, ás 19:30 horas, na librería Cronopios, Frei Juan de Navarrete 5, Pontevedra, terá lugar a presentación da novela Un lume azul de Pedro Feijoo. No acto a xornalista Susana Pedreira entrevistará a Pedro Feijoo.

Charla-coloquio arredor de “Infamia” de Ledicia Costas, en Vigo

O mércores 11 de decembro ás 20 horas, no  Auditorio Municipal do Areal, terá lugar unha charla-coloquio (Unha aproximación ás manadas e aos abusos na infancia) arredor da novela Infamia de Ledicia Costas. No acto, organizado polo Club Faro,  intervirán Ledicia Costas e Rafa Valero.

Os mil horrores de Auschwitz: «O tatuador de Auschwitz», de Heather Morris. Anotación de Diego Ameixeiras

O suplemento Fugas do xornal La Voz de Galicia publicou una anotación do escritor Diego Ameixeiras sobre o libro: O tatuador de Auschwitz, de Heather Morris, publicado por Xerais na colección: Narrativa, con tradución de María del Carmen Alonso Seisdedos. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

«Fariña. A novela gráfica», de Luís Bustos, recomendación de lectura da Libraría Couceiro

Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en CorreoTV, animaron á lectura do libro: Fariña. A novela gráfica, de Luís Bustos, publicado por Xerais na colección Novela Gráfica. A recomendación pode verse nesta ligazón.

Unha obra que conecta cunha serie de propostas que se fixan na desarticulación do mundo tradicional: «Onde nacen as hedras», de Ana Varela. Crítica de Alba Cid no Diario Cultural

Alba Cid interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Onde nacen as hedras, de Ana Varela, publicado por Xerais na colección Poesía. O libro gañou o VI Premio de Poesía Gonzalo López Abente 2019. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Presentación en Santiago de “Un lume azul” de Pedro Feijoo

O martes 10 de decembro de 2019 ás 19:30 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes 6, Santiago, terá lugar a presentación da novela Un lume azul de Pedro Feijoo. No acto participarán Diego Ameixeiras e Pedro Feijoo.

Pedro Feijóo: «Esta novela trata sobre os límites, sobre ata onde somos capaces de chegar para acadar o que desexamos». Entrevista en «Cíes Podcast» sobre: «Un lume azul»

Cíes Podcast emitiu unha entrevista co escritor Pedro Feijóo sobre o libro: Un lume azul, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 17″.

O relato dun desamor nunha obra moi ben escrita e moi recomendable: «Formigas nos pés», de Nazaret López. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Formigas nos pés, da xornalista e escritora Nazaret López, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Un volume para discernir os motivos de que certos textos perduren na memoria colectiva e outros non: «Da Carapuchiña ao señor Lamote», de Miguel Vázquez Freire. Anotación en «Tempos Novos»

A revista Tempos Novos publicou unha anotación de Montse Pena Presas sobre o libro: Da Carapuchiña ao señor Lamote, de Miguel Vázquez Freire, publicado por Xerais na colección LibroX. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Unha obra moi recomendable que nos ensina que a vida tamén é soñar e quererse moito: «Conexión Macarrón», de Ledicia Costas. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: Conexión Macarrón, de Ledicia Costas, con ilustracións de Laura Suárez. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín.

Un libro que deixa pendurada unha reflexión: os avances tartarugueiros na loita pola igualdade: «Os corpos invisibles», de Emma Pedreira. Anotación no blog da Axencia de Lectura de Meiro

O blog que publica a Axencia de Lectura de Meiro publicou unha recensión crítica asinada por Daniel Chapela sobre o libro: Os corpos invisibles, de Emma Pedreira, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. O libro gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2019.