Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2019

O Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais incrementa a súa dotación económica ata os 8.000 euros. Noticia no xornal «El Progreso»

O xornal El Progreso publicou unha noticia sobre o premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, que incrementa a súa dotación económica ata os 8.000 euros, 2.000 máis que nas súas convocatorias anteriores. A nova pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

A perda de falantes e lectores, o gran reto da edición en galego. Noticia no «Galicia Confidencial»

O xornal Galicia Confidencial publicou unha noticia asinada por Moncho Mariño sobre a edición de títulos en galego, con declaracións de Fran Alonso, director de Xerais   A perda de falantes e lectores, o gran reto da edición en galego A edición de títulos en galego, en calquera xénero, sempre é arriscado pola situación de baixo consumo de obras na nosa lingua.

Amador Castro: «A moralina do libro é que non hai paraíso no mundo actual . O paraíso está dentro de nós». Entrevista na Radio Galega sobre: «Shanghai a Barcelona»

O programa Un País Mundial, da Radio Galega, emitiu unha entrevista co escritor Amador Castro Moure sobre o libro: Shanghai a Barcelona, publicado por Xerais na colección: Narrativa. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2019 A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Unha fábula que fai fincapé na importancia de asumir as consecuencias dos nosos actos: «Quokka Moka», de María Solar. Anotación de Alba Piñeiro en «Versos e Aloumiños»

A escritora Alba Piñeiro publicou no blog Versos e Aloumiños, que dirixe Antonio García Teijeiro, unha anotación sobre o libro: Quokka Moka, escrito por María Solar e ilustrado por Víctor Rivas. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín.

Unha novela que convida a reflexionar sobre a discriminación das persoas máis vulnerables: «O grupo», de An Alfaya. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha anotación sobre o libro: O grupo, de An Alfaya, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. O libro gañou o XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2018.   O grupo, de An Alfaya (Xerais)   Quero comezar dicindo que An Alfaya me parece unha escritora non abondo valorada no conxunto da literatura galega.

«Un lume azul», de Pedro Feijóo, recomendación de lectura da Libraría Couceiro

Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en CorreoTV, animaron á lectura do libro: Un lume azul, de Pedro Feijóo, publicado por Xerais na colección Narrativa. A recomendación pode verse nesta ligazón.

Nazaret López: «A querencia máis primaria que eu recordo en min é a de ser escritora». Entrevista no «Diario Cultural» sobre: «Formigas nos pés»

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista coa xornalista e escritora Nazaret López sobre o libro: Formigas nos pés, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Un volume que serve para reivindicar a obra dunha poeta altísima, merecente do Día das Letras Galegas: «Poesía reunida (1982-2004)», de Xela Arias. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa, El Ideal Gallego e Diario de Bergantiños unha anotación sobre o libro Poesía reunida (1982-2004), de Xela Arias, publicado por Xerais na colección Xerais Clásicos. A crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Dous libros que abordan a diversidade sexual e de xénero: «As estacións do lobo», de María Reimóndez e «Transmatria», de Daniel Asorey. Intervención de Eva Mejuto no Zig Zag Diario

Eva Mejuto participou no programa ZigZag Diario da TVG para falar sobre libros que abordan a diversidade sexual e de xénero, con mención a dúas obras publicadas por Xerais: As estacións do lobo, de María Reimóndez, e Transmatria, de Daniel Asorey. A súa intervención pode verse nesta ligazón.

Pedro Feijóo: «Para construír esta historia cheguei a ver cousas que oxalá non chegase a ter visto». Entrevista no xornal Faro de Vigo sobre: «Un lume azul»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista asinada por Mar Mato ao escritor Pedro Feijóo sobre o libro: Un lume azul, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha trama argallada para reivindicar eses corpos invisibles das mulleres que pasaron pola historia sen deixar pegada: «Os corpos invisibles», de Emma Pedreira. Anotación de Eva Mejuto no «Zigzag Diario»

Eva Mejuto participou no programa ZigZag Diario da TVG para falar sobre o libro: Os corpos invisibles, de Emma Pedreira, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. O libro gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2019. A súa intervención pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 02.25″.

Un libro que se solidariza coas persoas vulnerables que son capaces de medrar na adversidade: «O grupo», de An Alfaya. Anotación no blog de Gálix

O blog de Gálix, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, publicou na súa sección: Este libro encantoume, correspondente ao mes de decembro de 2019, unha reseña  do libro: O grupo, de An Alfaya, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. O libro gañou o XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2018.