Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2019

Presentación de “Animalia 2. Branco ” de Xosé Tomás en Vigo

O luns 16 de decembro ás 18:30 horas, no Restaurante (planta 7) de El Corte Inglés de Vigo, terá lugar a presentación e obradoiro de ilustración arredor do libro Animalia 2. Branco de Xosé Tomás.

Pedro Feijoo: «`Un lume azul´ é unha novela violenta, agresiva, a máis dura de todas as que levo escrito». Entrevista en Radio Vigo sobre: «Un lume azul»

A emisora Radio Vigo, de Ser Galicia, emitiu unha entrevista co escritor Pedro Feijoo para falar sobre o libro: Un lume azul, publicado por Xerais na colección Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Unha volta ás orixes afastada de romanticismo: «Shanghai a Barcelona», de Amador Castro. Crítica en Lecturafilia

O blog Lecturafilia publicou unha recensión de Tensi Gesteira sobre o libro Shanghai a Barcelona, de Amador Castro Moure. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2019, e está publicado por Xerais na colección Narrativa.   Shanghai a Barcelona, de Amador Castro (Xerais)   O Premio Xerais de Novela deste ano descúbrenos unha voz, cando menos, potente, orixinal e cunha forma de escribir moi apegada á filosofía.

Unha escrita fascinante que conxela o alento do lector: «A cara norte do corazón», de Dolores Redondo. Anotación no xornal El Progreso

O xornal El Progreso publicou unha anotación sobre o libro: A cara norte do corazón, de Dolores Redondo, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un tributo que actualiza o xénero da narrativa de aventuras máis clásica e tradicional,: «Illas a sotavento», de Henrique Dacosta. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia e no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: Illas a sotavento, de Henrique Dacosta, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o XXV Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Acto en Pontevedra arredor de Dragal V de Elena Gallego Abad

Diálogo arredor da novela Dragal V. O segredo do dragón, de Elena Gallego Abad, última entrega da saga Dragal publicada por Xerais. O acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra,  terá lugar o vindeiro venres 13 de decembro, ás 20:00 horas, no Espazo Nemonon (edificio Villa Pilar; rúa do Marqués de Riestra 11-1º, Pontevedra). A autora estará acompañada por Anxo González Guerra.

Unha novela moi interesante e de amena lectura: «O grupo», de An Alfaya. Anotación na revista CLIJ

A revista CLIJ, especializada en literatura infantil e xuvenil, publicou no seu número 292 unha anotación asinada por María Jesús Fernández sobre o libro: O grupo, de An Alfaya, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. O libro gañou o XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2018. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Os artigos vigueses de Bragado: «Vigo, puro milagre», de Manuel Bragado. Anotación no xornal «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de Ceferino De Blas sobre o libro: Vigo, puro milagre, de Manuel Bragado, publicado por Xerais na colección Crónica. A noticia pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha obra poética que convida á reflexión: «Os corpos invisibles», de Emma Pedreira. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha anotación sobre o libro: Os corpos invisibles, de Emma Pedreira, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. O libro gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2019.

Miguel Vázquez Freire: «Os contos infantís non son alleos aos valores das sociedades nas que son creados». Entrevista no xornal «Faro de Vigo» sobre: «Da Carapuchiña ao señor Lamote»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Miguel Vázquez Freire sobre o libro: Da Carapuchiña ao señor Lamote, publicado por Xerais na colección LibroX. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

«A proba de auga», de Anémona de Río, gaña o Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético, que publicará Xerais

A proba de auga, de Anémona de Río, resultou gañadora do I Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético, que publicará Xerais na próxima primavera. O xurado, composto por Miguel Porto e Kiko da Silva, por parte do Garaxe Hermético, e Anaír Rodríguez e Fran Alonso, en representación de Xerais, salientou a magnífica adecuación da obra ao rango de idade ao que vai dirixido, o público infantil.

Unha novela que nos fala da desfeita dunha parella por mor dos excesivos ires e vires do home: «Quérote. Eu tampouco», de Cecilia F. Santomé. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa, El Ideal Gallego e Diario de Bergantiños unha anotación sobre o libro Quérote. Eu tampouco, de Cecilia F. Santomé, publicado por Xerais na colección Milmanda. A crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.