Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2019

Un libro que deixa pendurada unha reflexión: os avances tartarugueiros na loita pola igualdade: «Os corpos invisibles», de Emma Pedreira. Anotación no blog da Axencia de Lectura de Meiro

O blog que publica a Axencia de Lectura de Meiro publicou unha recensión crítica asinada por Daniel Chapela sobre o libro: Os corpos invisibles, de Emma Pedreira, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. O libro gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2019.

Unha novela contra o amor como convención: «As estacións do lobo», de María Reimóndez. Anotación no «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de Francisco Martínez Bouzas sobre o libro: As estacións do lobo, de María Reimóndez, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha obra que ofrece respostas didácticas e rigorosas a moitas preguntas relacionadas co clima de Galicia: «Os tempos e o clima de Galicia». Anotación no xornal da USC

O xornal da Universidade de Santiago de Compostela -USC- publicou un artigo sobre o libro: Os tempos e o clima de Galicia, do que son autores Alberto Martí, Juan José Taboada, Dominic Royé e Xavier Fonseca. O libro está publicado por Xerais na colección: Básicos Ciencia.

O privilexio de contar coa reedición de dúas obras merecentes de recoñecemento tanto de crítica como de público: «Con pólvora e magnolias» e «Estirpe», de Xosé Luís Méndez Ferrín. Crítica de Alba Cid no Diario Cultural

Alba Cid interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica dos libros: Con pólvora e magnolias e Estirpe, de Xosé Luís Méndez Ferrín. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Manuel Bragado: «A contribución deste libro é abrir un debate sobre o que debe ser o Vigo do futuro». Entrevista no xornal «Faro de Vigo» sobre: «Vigo, puro milagre»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista co editor Manuel Bragado sobre o libro: Vigo, puro milagre, publicado por Xerais na colección Crónica. A entrevista pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.