Menu Xerais

A escritora Rosa Aneiros recibe en Vilalba o II Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade

O Instituto de Estudios Chairegos, O Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan a entrega do II Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade á escritora gañadora, Rosa Aneiros, que terá lugar o sábado, día 2 de febreiro de 2019, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba.

O acto será presentado pola xornalista Carmen Hermida e contará coas intervencións de Marisa Barreiro, presidenta do Iescha; Agustín Baamonde, alcalde de Vilalba; Manuel Bragado, editor e Fran Alonso, director de Xerais, así como da gañadora, a escritora Rosa Aneiros.

A continuación terá lugar un  variado espectáculo onde non faltarán: a música, a poesía, a imaxe, a narrativa e a plástica.

 

 

 

 

 


Deixa un comentario!