Menu Xerais

A IV Gala do Libro Galego premia dous títulos de Xerais: «Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte» e «O puño e a letra».

O Teatro Principal de Santiago de Compostela acolleu o sábado, día 11 de maio de 2019, unha nova edición dos Premios Gala do Libro Galego, acto no que se deron a coñecer as obras gañadoras desta cuarta edición da iniciativa.

Os Premios Gala do Libro Galego 2019 recoñeceron dous libros de Xerais. Na categoría Ensaio e investigación, premiouse o libro: Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte, de Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González. O xurado estima que se trata dunha obra escrita cunha prosa áxil e ben documentada, con equilibrio entre o rigor investigador e a capacidade divulgativa, situando os irmáns Villar Ponte no contexto histórico de finais do século XIX e o século XX, destacando o seu compromiso político co galeguismo. E na categoría Libro de banda deseñada resultou gañador o libro: O puño e a letra. Antoloxía en cómic poético con textos de Yolana Castaño e 40  ilustradores/as.  O xurado destaca a innovación desta iniciativa que enriquece o sistema literario galego cunha aposta experimental onde se combina o texto poético con interpretacións en banda deseñada de moi diferentes estilos.

A noticia foi recollida polo xornal Sermos Galiza (Foto da gala: VisualQ / Sermos Galiza)

O Teatro Principal de Santiago de Compostela volveu acoller este sábado unha nova edición dos Premios Gala do Libro Galego, a cuarta, un acto na que se deron a coñecer as obras gañadoras desta iniciativa convocada conxuntamente pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia (FLG). Estes premios son un recoñecemento, salientan as organizadoras, á diversidade e excelencia do traballo realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2018 no noso país.

Obras de Xerais premiadas:

Ensaio e investigación:  Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte, de Emílio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González (Edicións Xerais de Galicia). O xurado estima que se trata dunha obra escrita cunha prosa áxil e ben documentada, con equilibrio entre o rigor investigador e a capacidade divulgativa, situando os irmáns Villar Ponte no contexto histórico de finais do século XIX e o século XX, destacando o seu compromiso político co galeguismo.


Libro de banda deseñada O puño e a letra, por VV. AA. (Edicións Xerais de Galicia). O xurado destaca a innovación desta iniciativa que enriquece o sistema literario galego cunha aposta experimental onde se combina o texto poético con interpretacións en banda deseñada de moi diferentes estilos.

Deixa un comentario!