Menu Xerais

Actos de Xerais na Festa dos Libros de Pontevedra

Os días 5, 6 e 7 de xullo terá lugar a Festa dos Libros de Pontevedra na que Xerais ten programados os seguintes actos:

Venres, 5 de xullo

19:00 horas: Manuel Rivas, acompañado de Fran Alonso, presenta Contra todo iso. Un manifesto rebelde e Vivir sen permiso e outras historias de Oeste. A literatura e o pensamento en liberdade

Sábado 6 de xullo

19:00 horas:  Ledicia Costas, acompañada de Manuel Bragado, presenta Infamia

19:30 horas: Encontro entre as autoras Emma Pedreira e Eli Ríos.

20:30 horas: Miradas cruzadas entre Daniel Asorey, autor de Transmatria e Ana Cabaleiro.

Domingo 7 de xullo

12:30 horas: Fina Casalderrey presenta A furgoneta branca.

20:00 horas: Eva Mejuto, acompañada de Carme Fouces, presenta Memoria do silencio.

Tamén haberá numerosas sinaturas de autoras e autores do catálogo de Xerais. Máis información aquí

 

 

 

 

Deixa un comentario!