Menu Xerais

Aparece a “Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non discriminatoria 2019”

Aparece a “Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non discriminatoria 2019”.

A guía foi elaborada pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil de Galicia (GALIX) por encargo da Secretaría Xeral da Igualdade e a Consellería de Educación, a través do seu Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, que ten por obxectivo traballar na formación e na información do profesorado, e das nais e pais, cara á súa decidida implicación na consecución dunha escola coeducativa e igualitaria, na que desaparezan prexuízos de carácter sexista e que permita o desenvolvemento libre e integral das persoas.

Esta guía ofrece unha selección de libros publicados nos anos 2014, 2015 e 2016, distribuídos en tres tramos en función da idade ou competencia lectora. As obras escollidas alentan a reflexión e o debate sobre o papel da muller na sociedade ou o concepto de xénero e aportan referentes necesarios de mulleres, de novas masculinidades e diversidade de opcións sexuais.

http://www.galix.org/2019/06/guia-de-literatura-infantil-e-xuvenil.html

A guía pode consultarse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

De entre os 50 títulos que aparecen na guía, 22 pertencen ao catálogo de Xerais. Cada libro aparece cunha completa ficha de recursos:

 

Primeiras Lecturas

As redes de Inés


Lecturas Autónomas

Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros

Escarlatina, a cociñeira defunta

Esmeraldina a pequena defunta

Nena e o mar

O corazón da maxia

Ovella descarreirada

Quen dá a quenda?

Sira e o robot. Adventures on Titan

Todo o tempo do mundo

Volvo! O regreso de Usha

Lecturas Expertas

A caixiña dos rancores

Ámote Leo A. Terminal de chegadas?

Ámote Leo A. Estación de tránsito

As palabras poden matar

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta

Norteáns

O camiño da Estadea. O regreso de Sheila e Said

Penúltimas tendencias

Tártarus

Xa non estou aquí

Deixa un comentario!