Menu Xerais

As novidades de Xerais para o outono. Artigo no «Sermos Galiza»

O xornal Sermos Galiza publicou un artigo sobre as novidades de Xerais para este outono, libros entre os que subliña: As estacións do lobo, de María Reimóndez; O ceo das reixas, de Eli Ríos e Rexurdimento: a palabra e a idea, de Anxo Angueira, entre outras publicacións.

 

Xerais publica as novas obras de María Reimóndez, Angueira ou García Teijeiro

 

O Ciclo dos Elementos, proxecto narrativo en que María Reimóndez (Lugo, 1975) tece “un espazo literario poboado por personaxes que, coma na vida, ás veces xunta a casualidade pero que se manteñen unidas sobre todo pola vontade”, coñecerá este outono un novo episodio: As estacións do lobo. É unha das novidades que prepara Xerais para a reentrada dun curso literario en que haberá tamén entregas de Anxo Angueira, Antonio García Teijeiro ou Eli Ríos.

 

As estacións do lobo explora os límites do amor, do arraigamento e da nosa capacidade para crear mandas que nos protexan no día a día dos afectos”, di a nota editorial. Será un dos títulos de narrativa cos que reciba o outono. Illas a sotavento, de Henrique Dacosta (Ferrol, 1964), O ceo das reixas, de Eli Ríos (Londres, 1976) e o último premio XeraisShangai a Barcelona, de Amador Castro (Chantada, 1962) acompañarán a Reimóndez.

O presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira (Dodro, 1961), leva anos dedicado a recontextualizar a obra poética de Rosalía de Castro. Encargouse para Xerais de novas edicións de Cantares GallegosFollas Novas e En las orillas del Sar. Agora en Rexurdimento: a palabra e a idea “repensa e cuestiona o modelo historiográfico vixente que se lle vén aplicando tanto á literatura do XIX como en xeral á historia cultural e política galega contemporánea”.

Non será a de Angueira a única achega de Xerais ao ensaio este outono. O profesor Isidro Dubert (Muros, 1961) coordinará un volume colectivo de título A morte en GaliciaDa Carapauchiña ao señor Lamote subtitúlase Clásicos da literatura para a infancia e a mocidade en lingua galega e é obra de Miguel Vázquez Freire(Corcubión, 1951). O historiador Anselmo López Carreira (Vigo, 1951) achega Arte e escritura na Galicia medieval. E na serie Básicos Ciencia Infantil sairá Viaxe ao futuro.

Dirixidos á infancia e á mocidade

Antonio García Teijeiro (Vigo, 1952) volve á poesía infantil, o xénero co que en 2017 gañou o premio Nacional do Ministerio de Cultura por Poemar o mar, con Vento, ventiño, venteiro, “poemas onde se escoita o vento que percorre diferentes ambientes e mundos”. Os gritos das illas Lobeiras é o novo libro de Antón Cortizas(Ferrol, 1954), que partillará con García Teijeiro colección Sopa de Libros.

O premio Merlín foi este ano para Xelis, o guerreiro das botellas de mar, de Rosa Aneiros (Valdoviño, 1975). Canda el publicarase tamén Conexión Macarrón, de Ledicia Costas (Vigo 1979), quen gañara o Nacional en 2015 por Escarlatina, a coiñeira defunta. Emma Pedreira e An Alfaya (Vigo, 1964) serán as autoras da colección Fóra de Xogo. A primeira con Os corpos invisibles, premio Jules Verne. A segunda con O grupo.

Mais un dos lanzamentos máis agardados da tempada en Xerais, e polas lexións de asterófilos que pululan por Galiza, é o novo álbum do galoAstérix. A filla de Vercinxetórix. Estará nas librarías o 24 de outubro.

Deixa un comentario!