Menu Xerais

Aventuras e sorpresas adobiadas de humor e desenfado: «Quokka Moka», de María Solar. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Quokka Moka, de María Solar, ilustrado por Víctor Rivas. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín.


Quokka Moka, de María Solar

Escrito por María Solar e ilustrado por Víctor Rivas, ofrécenos Xerais este divertido relato que baixo o tíulo de Quokka Moka nos conduce a reflexionar sobre a vida e a nosa postura ante ela, sobre o respecto e a educación, e tamén sobre a convivencia. Aventuras e sorpresas que veñen ben adobiadas de humor e desenfado, aínda que como digo, conducen a unha reflexión necesaria. Pero non toda! Porque o 10% segue a ser necesariamente un divertimento.

Deixa un comentario!