Menu Xerais

Tempo libre para dedicar á lectura con: «Infamia», de Ledicia Costas; e «Un peixe no parqué», de Ramón Vilar Landeira. Anotación no Sermos Galiza

O xornal Sermos Galiza publicou unha reportaxe de Daniel Salgado na que recomenda dez libros para o verán, con mención a dous títulos publicados por Xerais: Un peixe no parqué, de Ramón Vilar Landeira e Infamia, de Ledicia Costas.

 

Infamia e Un peixe no parqué, dous libros para dedicar o tempo libre á actividade lectora

Tempo libre e tempo (atmosférico) favorábel. Esa teórica combinación habilita o verán para dedicar máis horas das usuais á actividade lectora. Velaquí dez obras recentemente publicadas que ben o merecen.

 

Un peixe no parqué (Xerais, 2019). Ramón Vilar Landeira escribe como quen non quere a cousa. E sobre o día a día ás veces gris, ás veces iluminado por minúsculos sucesos, ás veces nada memorábel, nunca épico. Os seus relatos extraídos da vida cotiá remiten á escola norteamericana e retratan clases que se pensan medias pero venden a súa forza de traballo como as traballadoras.

Infamia (Xerais, 2019). O segundo libro de Ledicia Costas publicado nunha colección para adultos é un thriller escuro, periurbano, atravesado pola precariedade e as relacións de poder con nesgo sexista. Personaxes definidos psicoloxicamente cunha escrita de razadas poéticas circulan nos arredores dunha cidade que é Vigo pero non é Vigo.

Deixa un comentario!