Menu Xerais

Facer un bo cocido e non deixar ren: «É tempo de entroido», de Ramón D. Veiga. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: É tempo de entroido, de Ramón D. Veiga, ilustrado por David Sierra. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Pequeno Merlín.


É tempo de entroido, de Ramón D. Veiga

Perto está o Entroido e debemos lembrar este libro publicado pola editorial Xerais: É tempo de Entroido, de Ramón D. Veiga David Sierra. Álbum ilustrado en verso que de xeito lúdico vainos levando pola xeografía galega para falarnos da cantidade e variedade que posuímos para esta celebración tradicional. A escusa é facer un bo cocido e non deixar ren. Pero o o que nos parece máis interesante é ese percorrido que realiza en cada páxina porque moitas veces se descoñece a nosa riqueza cultural, tanto neste eido coma noutros. Boto de menos un pouco máis de información, quizais ao final do libro, indicando os nomes que se corresponden cos lugares, xa que non en todas as estrofas queda claro. Aínda así, benvido sexas, entroido.


Deixa un comentario!