Menu Xerais

«Fornelos & Fornelos», entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de maio

Fornelos & Fornelos, de Xerardo Quintiá, é o terceiro libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de maio de 2019. O libro gañou o VII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey, e está publicado por Xerais na colección Poesía.

A Tabela dos libros é unha valoración crítica a xeito de ránking que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, con carácter mensual, para a que cinco críticos e críticas (Inmaculada Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas, Francisco Martínez Bouzas e o propio Armando Requeixo) escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

 

 

 

 

 

 





 

 

Deixa un comentario!