Menu Xerais

«Infamia», de Ledicia Costas, e «Fornelos & Fornelos», de Xerardo Quintiá, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de xuño

Infamia, de Ledicia Costas; e Fornelos & Fornelos, de Xerardo Quintiá, publicados por Xerais, atópanse entre os libros máis recomendados polos críticos na Tabela dos Libros do mes de xuño de 2019.

A Tabela dos libros é unha valoración crítica a xeito de ránking que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, con carácter mensual, para a que cinco críticos e críticas (Inmaculada Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas, Francisco Martínez Bouzas e o propio Armando Requeixo) escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

 

 

 

 

 

 

Deixa un comentario!