Menu Xerais

Mulleres galegas que abriron camiño para que poidamos seguir o seu ronsel de igualdade: «Pioneiras 2», de Anaír Rodríguez. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Pioneiras 2, de Anaír Rodríguez, ilustrado por Abi Castillo. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Pequeno Merlín.


Pioneiras 2, de Anaír Rodríguez

Celebramos a chegada deste segundo volume de Pioneiras, álbum de Anaír Rodríguez que nesta ocasión conta coas ilustracións de Abi Castillo e está publicado novamente por Xerais. Libros coma este son absolutamente necesarios, xa que na nosa lingua andamos constantemente escasxs de materiais, e máis nunha biblioteca feminista como a que estamos conseguindo no noso centro (podedes consultar se vos apetece o blogue que dá conta dos fondos que temos: http://biblioigualdade.blogspot.com/).

Mulleres galegas que foron capaces de rachar cos canons establecidos pola sociedade do seu momento e que abriron camiño para que poidamos seguir o seu ronsel de igualdade. Mulleres que os libros de historia sempre esquenceron e que, por fin, teñen nome  e apelido.

Por certo, as ilustracións deste libro son preciosas. E a portada unha gozada!



Deixa un comentario!