Menu Xerais

Novidade: «A guerra dos botóns», de Louis Pergaud. Un clásico da literatura que fai unha interpretación irónica e pacifista sobre os conflitos bélicos

A guerra dos botóns, de Louis Pergaud, é unha novidade da colección Fóra de xogo de Xerais. O libro está traducido por Xoán Manuel Garrido e Mercedes Isabel Martínez.

Levada ao cine con éxito en varias ocasións, a novela A guerra dos botóns, de Louis Pergaud, relata a intensa rivalidade que enfronta os nenos e nenas de dúas vilas veciñas, rivalidade que dá lugar a numerosas emboscadas, golpes, batallas, insultos e pedradas repartidas entre un e outro bando.

Publicada en 1912, esta obra é un clásico que fala da infancia, da amizade, do compañeirismo, da lealdade, da inocencia, da crueldade e da ideoloxía.

O título do libro procede do botín de guerra: os botóns extraídos das roupas dos «inimigos» como símbolo de humillación.

A guerra dos botóns describe un mundo desaparecido e lanza unha interpretación irónica e pacifista sobre os conflitos bélicos.

Deixa un comentario!