Menu Xerais

Novidade: «A nena, o monstro e o mar», de Teresa González Costa. A historia da nena que quería saber onde fora parar o mar que antes rodeaba a vila

A nena, o monstro e o mar, de Teresa González Costa, con ilustracións de Martín Romero, é unha novidade da colección Sopa de Libros de Xerais.

Leopolda Diéguez cóntalle a Gran Gogol a historia da nena que quería saber onde fora parar o mar que antes rodeaba a vila, e do monstro que construíu un muro para que a auga salgada non volvese chegar ata alí. Fálalle da terrible condición que o monstro lle esixe a quen queira atravesar o muro. Gran Gogol escoita con atención, porque se cadra iso é o mellor que pode facer alguén que está pechado no alto dunha torre…

Unha nova historia da viaxeira Leopolda Diéguez, fascinante narradora e facedora de artes máxicas.

Deixa un comentario!