Menu Xerais

Novidade: «Antón e os inocentes», de X.L. Méndez Ferrín. A historia dunha viaxe cara as sombras da que é imposible regresar

Antón e os inocentes, de X.L. Méndez Ferrín, é unha novidade da colección Clásicos de Xerais.

Aparecida por primeira vez en 1976, a novela Antón e os inocentes segue a nos interpelar na contemporaneidade. Unha escrita hábil e desbordante é a responsable de encher as que, segundo Ferrín, son as súas «páxinas máis exactas, duras e esixentes».

Narda e Berto conflúen no Vigo proletario e convulso da década de 1950. Desprégase sobre eles unha tormenta; Antón e a ferida impronunciable dun conflito latente.

Este libro é a historia de dous mozos que emprenden unha viaxe cara ás sombras da que é imposible regresar.

Deixa un comentario!