Menu Xerais

Novidade: «Astérix en Britania», de René Goscinny e Albert Uderzo. Astérix e Obélix viaxan ata Britania para axudar a Botórax na defensa da súa aldea, invadida polos romanos

Astérix en Britania, de René Goscinny e Albert Uderzo, é unha novidade da colección Cómic de Xerais.

Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos… Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum…

Nesta ocasión Astérix viaxará co inseparable Obélix ata Britania para axudar o seu curmán Botórax na defensa da súa aldea, invadida polos romanos.

Deixa un comentario!