Menu Xerais

Novidade: «Dragal V. O segredo do dragón», de Elena Gallego Abad. Unha novela máxica e aditiva para satisfacer aos fans máis esixentes do universo dragaliano

Dragal V. O segredo do dragón, de Elena Gallego Abad, é unha novidade da colección Fóra de Xogo de Xerais.

Nalgún lugar da costa galega os dragalianos exploran os seus poderes. Híbridos entre humanos e dragóns, invisibles ao ollo humano durante milenios, poderán eludir a tecnoloxía do século XXI?Mentres o cabaleiro alquimista ensaia a fórmula que garantirá a supervivencia da estirpe, as damas da Fraternidade alíanse para protexer a xestación dunha nova criatura. Pero os inimigos do dragón non descansan: o achado dun pergamiño que desvela a existencia das catacumbas pode supor o desastre. Que sabían os trobadores do tesouro de Dragal?

Intensa, sorprendente, máxica, adictiva… Dragal V explora os límites entre realidade e ficción científica para satisfacer os fans máis esixentes do universo dragaliano e conquistar novos lectores.«Só quen se mergulle no sangue da lúa descubrirá o segredo do dragón.»

Deixa un comentario!