Menu Xerais

Novidade: «Formig4s. Misión Camiño de Santiago», de Pere Tobaruela. Unha brigada especial que deberá investigar o estraño roubo dos restos do apóstolo Santiago

Formig4s. Misión Camiño de Santiago, de Pere Tobaruela , ilustrado por Andrés Meixide, é unha novidade da colección Formig4s de Xerais.

FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados.

En Misión Camiño de Santiago os FORMIG4S investigan o estraño roubo dos restos do apóstolo Santiago. E para chegar ao fondo do asunto, han facer unha peculiar peregrinación no tempo: viaxarán polo camiño que, segundo conta a lenda, os discípulos do apóstolo percorreron para levar o corpo petrificado do seu mestre ata Compostela.

Deixa un comentario!