Menu Xerais

Novidade: «Fornelos & Fornelos: terceira fundación», de Xerardo Quintiá. Un universo poético enlazado na mellor tradición literaria occidental e galega


Fornelos & Fornelos: terceira fundación,
de Xerardo Quintiá, é unha novidade da colección Poesía de Xerais. O libro gañou o VII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey.

A través dunha arquitectura sólida e un universo poético enlazado na mellor tradición literaria occidental e galega, Xerardo Quintiá ofrece en Fornelos & Fornelos: terceira fundación un poemario entendido como unha proposta aberta, non pechado en si mesmo, que se revela como o fragmento dun corpo poético concibido como Obra Única.

Aquí, a palabra procura redimir os espazos físicos e espirituais que o tempo converteu en ruínas, que non son outra cousa que a metáfora da propia vida. A ruína doe porque é ferida e só a través da palabra pode ser asumida dun xeito racional e á vez emotivo.

Ese é o encargo do poeta: sacar á luz o que permanece agochado baixo os restos do derrubamento a través dunha escrita afastada de dogmas, que se abre ao ritmo do alento co que respira.

Deixa un comentario!