Menu Xerais

Novidade: «Mate-glifos. Orixe e evolución dos símbolos en matemáticas», de Nicanor Alonso e Miguel Mirás. Un percorrido pola historia das matemáticas a través dos seus símbolos

Mate-glifos. Orixe e evolución dos símbolos en matemáticas, de Nicanor Alonso e Miguel Mirás, é unha novidade da colección Básicos da Ciencia de Xerais.

Cunha linguaxe accesible a todos os públicos, este libro percorre a historia das matemáticas a través dos seus símbolos, dende os glifos dos xeroglíficos exipcios ata a sofisticada notación actual.

Permitiranos coñecer historias e anécdotas relacionadas coas matemáticas e coas persoas que realizaron as diferentes propostas. Saberemos, por exemplo, a razón do uso da letra «x» para indicar o descoñecido, descubriremos cal é o mellor método para empaquetar esferas ou sorprenderémonos coa utilidade do número «e» para buscar a parella ideal.

E tamén teremos a oportunidade de resolver crebacabezas, enigmas e pasatempos que, sen dúbida, espertarán a nosa curiosidade matemática.

Deixa un comentario!