Menu Xerais

Novidade: «Os corpos invisibles», de Emma Pedreira. A historia de dúas mulleres de vidas moi diferentes que buscan o recoñecemento nun Londres en plena Revolución Industrial

Os corpos invisibles, de Emma Pedreira, é unha novidade da colección Fóra de Xogo de Xerais. O libro gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2019.

L. C. é unha rapaza de quince anos que traballa desde os oito nunha fábrica téxtil de Londres en plena Revolución Industrial, onde as nenas escravas son parte da produción en cadea.

A vida de L. C. dá un xiro cando cae nas súas mans unha carta escrita por Prometea Stoner, unha muller de familia acomodada propietaria dunha cadeira de rodas motorizada, unha saúde fráxil, toda unha lenda sobre as costas e unha vontade de ferro.

As súas vidas non poden ser máis diferentes, pero ambas as dúas buscan a liberdade, a existencia e o recoñecemento que a sociedade lles negaba a elas e a todas as súas compañeiras.

Deixa un comentario!