Menu Xerais

Novidade: «Os gritos das illas Lobeiras», de Antón Cortizas. Unha aventura que transcorre nun lugar que só poden ver as persoas coñecedoras do seu segredo

Os gritos das illas Lobeiras, de Antón Cortizas, con ilustracións de Leandro Lamas, é unha novidade da colección Sopa de Libros de Xerais.

Lino sufriu un ataque de poliomielite e por iso non puido ser mariñeiro. Pero o mar soñado será o escenario da súa aventura, cando descobre as aves que voan cara a atrás e que existe o misterio das illas Lobeiras: un lugar que non recollen os mapas e que só poden ver as persoas coñecedoras do seu segredo.

Deixa un comentario!