Menu Xerais

Novidade: «Quen salva un can», de Érica Esmorís. Aventuras, emoción e humor nunha historia de busca e de sorprendentes achados

Quen salva un can, de Érica Esmorís, ilustrado por Iria Fafián, é unha novidade da colección Merlín de Xerais.

Que farías ti por salvar o teu can? Rai faríao todo.Por amor á súa cadela Nona, Rai lánzase á aventura máis disparatada e, por momentos arriscada, na terra onde os cans falan.

Conducido polos cans Brutus Máximus, Matateu von der Lempertaler, Sete e Garlapata, e pola gata Laika (voluntarios da impopular asociación Amigos dos Humanos), Rai terá que atravesar as montañas Xemelgas, cruzar o bosque Escuro, superar o río Inquedo e, o máis importante, descifrar o corazón dos cinco voluntarios.

Aventuras, emoción e humor nunha historia de busca e de sorprendentes achados.

Deixa un comentario!