Menu Xerais

Novidade: «Rapunzel con piollos», de El Hematocrítico. Rapunzel é atacada polas criaturas máis silandeiras: os piollos!, que construíron unha cidade no seu cabelo e non pensan marchar

Rapunzel con piollos , de El Hematocrítico, é unha novidade da colección Pequeno Merlín de Xerais.

Rapunzel pasa o tempo na súa torre protexida de calquera perigo: bruxas malvadas, ogros, lobos… O que non espera é ser atacada polas criaturas máis silandeiras: os piollos!

Estes bichiños multiplícanse rapidamente na súa longa melena, e non hai remedio contra eles. Nin a limpeza de Brancaneves e os seus ananos, nin o raio conxelador da Raíña das Neves, tampouco o enxeño de Garavanciño.

Os piollos construíron unha cidade no seu cabelo e non pensan marchar. Como ha facer para liberarse deles?

Deixa un comentario!