Menu Xerais

Novidade: «Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros», de Pilar G. Rego. Uns versos que flúen das cicatrices xusto onde agroma a vida


Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros,
de Pilar G. Rego, é unha novidade da colección Poesía de Xerais.

Os versos de Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros flúen do goce do tempo, da luz nas pernas, das cicatrices xusto onde agroma a vida, do niño esfiañado e do adeus.

Hai que descalzarse para transitar pola propia vida. Só ti podes arrastrar a túa armadura e acostumarte a vivir cos cans negros pegados ás pernas. Hai que aprender das árbores e pasar ao próximo anel, físgoas concéntricas impresas que suxeitan a que virá.

Cada chanzo, neste xogo íntimo, obriga a facer soltas, feridas a romper cinchas, a celebrar derrotas, pero sabendo que xuño volverá falando baixiño e abalándose nos cables da luz.

Deixa un comentario!