Menu Xerais

Novidade: « Somos os monstros», de Paula Carballeira. Unha historia divertida e profunda sobre o medo ao descoñecido

Somos os monstros, de Paula Carballeira, ilustrado por Ignacio Hernández Fernández, é unha novidade da colección Biblioteca Dramática Galega de Xerais. O libro gañou o X Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2018.

Unha nena e un neno pérdense cando saen a xogar no bosque arrasado polo último incendio. Un monstro grande e un mostro pequeno habitan nese bosque. Nenos e monstros vanse atopar.O medo dá paso á curiosidade e comezan a interrogarse. Quen son os nenos e quen os monstros?

Unha historia divertida e profunda sobre o medo ao descoñecido, que esculca na propia natureza humana, coa que a autora Paula Carballeira obtivo o X Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2018.

Deixa un comentario!