Menu Xerais

Novidade: «Vento, ventiño, venteiro», de Antonio García Teijeiro. Uns poemas nos que o vento percorre diferentes ambientes e mundos

Vento, ventiño, venteiro, de Antonio García Teijeiro, con ilustracións de María Lires, é unha novidade da colección Sopa de Libros de Xerais.

Nestes poemas escóitase o vento que percorre diferentes ambientes e mundos: o mar, o sol e as estrelas, as follas das árbores, as flores e as abellas, os nenos e as nenas.

Ventos falangueiros, mentireiros, bailadores; ventos de berce e de aloumiño; ventos magos; ventos e ventiños; ventos a durmir, contadores de estrelas; ventos lacazáns, fungóns, peregrinos, latriqueiros; ventos dos soños.

Deixa un comentario!