Menu Xerais

«Os corpos invisibles», de Emma Pedreira, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de novembro

Os corpos invisibles, de Emma Pedreira, é un dos libros recomendados polos críticos na Tabela dos Libros do mes de novembro de 2019. O libro gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2019, e está publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.

A Tabela dos libros é unha valoración crítica a xeito de ránking que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, con carácter mensual, para a que cinco críticos e críticas (Inmaculada Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas, Francisco Martínez Bouzas e o propio Armando Requeixo) escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

 

 

 

 

 

 

 

 



 





 

Deixa un comentario!