Menu Xerais

Os gañadores dos Premios Xerais 2019, nos medios e na Rede

 

O sábado, día 8 de xuño de 2019, anunciouse en Vigo o ditame da XXXVI edición do Premio Xerais de Novela, a XI edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e a XXXIV edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotados con cadanseu premio de 10.000 euros.

O xurado da XXXVI edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.000 euros e no que concorren 44 obras, está formado por: Ana Belén Moreda (profesora), Carlos Feijoo (avogado), Helena Torres (xestora cultural), Nuria Vil (poeta), Ana Abelenda (xornalista) e o profesor, crítico e escritor Ramón Nicolás que actuará como secretario do xurado, en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar finalistas as obras presentadas baixo os lemas: “Tras de min a terra queimada”, “peixe globo” e “Karolina”.

Despois da súa última deliberación, acordou por maioría declarar como gañadora a presentada baixo o lema Tras de min a terra queimada, que, despois de aberta a plica, resultou ser de Amador Castro e corresponde ao título “Shanghai a Barcelona”.

O xurado da XI edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, dotado con 10.000 euros e no que concorren 20 obras, está formado por: Javier Balea (divulgador científico, creador de “Moléculas en galego”), María Cerdeira González (estudante de Ciencias da Educación), David Díaz Díaz (profesor de Lingua galega e literatura, coautor de “Bolboretas no bandullo”), Tensi Gesteira Estévez (responsable do blog “Lecturafilia”), Olga Nogueira (profesora de Lingua galega e literatura)  e a profesora da Facultade de Ciencias da Educación da UVigo e crítica Isabel Mociño González, que actuará como secretaria do xurado, en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar finalistas as obras presentadas baixo os lemas: “Prometea”, “Dunas”“Todo é fume?” e “Ada Lovelace”.

Despois da súa última deliberación, acordou por unanimidade declarar como gañadora a obra presentada baixo o lemaPrometea,que, despois de aberta a plica, resultou ser de Emma Pedreira e corresponde ao título Os corpos invisibles”.

O xurado da XXXIV edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros e no que concorren 28 obras, está formado por: Sabela Fernández Trelles (profesora e asesora en Educación Infantil e Primaria), Sira González Rodríguez(bibliotecaria), María Jesús Iglesias García  (profesora de Educación Infantil e Primaria), Ángel Iglesias Mariño (profesor e membro de Espazo Lectura), Andrés Meixide Gayoso(deseñador gráfico e ilustrador) e o crítico e escritor Miguel Vázquez Freire que actuará como secretario, en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar finalistas as obras presentadas baixo os lemas: “Berta Spencer”, “Efebeí”e “Nimbostrato”.

Despois da súa última deliberación, acordou por maioríadeclarar como gañadora a obra presentada baixo o lemaNimbostrato,que, despois de aberta a plica, resultou ser de Rosa Aneiros e corresponde ao título “Xelís, o guieiro das botellas de mar”.

Deixa un comentario!