Menu Xerais

Os libros: «Axente riciños», «O soño do Merlo Branco» e «O misterio do faro vello» inspiran aos gañadores do concurso «Selfie Lix»

Os libros de Xerais: Axente RiciñosO soño do Merlo Branco e O misterio do faro vello, inspiraron aos gañadores  do concurso «Selfie Lix», convocado pola OEPLI a través das súas seccións: Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, Consejo General del Libro, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil e Galtzagorri Elkartea, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, para conmemorar a celebración do Día Internacional do Libro Infantil. Reproducimos a continuación a nota de prensa da noticia.

 

Xa temos o resultado do concurso “SELFIE LIX” convocado pola OEPLI a través das súas seccións: Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, Consejo General del Libro, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil e Galtzagorri Elkartea, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, para conmemorar a celebración do Día Internacional do Libro Infantil. Os nenos e as nenas participaron a través do seu centro docente ou biblioteca da súa
poboación. Tiñan que facer unha selfie na que se recreara un personaxe ou unha escena dun libro de literatura infantil e xuvenil.

Os gañadores do concurso “SELFIE LIX” son:

PRIMEIROS LECTORES (1º, 2º e 3º de Primaria)

• Oriol de la Fuente Rial. Biblioteca Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo, Santiago de Compostela.
• Julia Pascual Rojas y Celia Pascual Rojas. Biblioteca Rafael Azcona. (Logroño)
• Kevin Oliva i Hernández. L’escola Sant Josep. Mataró (Barcelona)
• Ekain Aguirrezabalaga, Marina Aranes, Ekhiñe Eerexeta, Aitzol Uranga e Anartz Garrastazu.
Iturzaeta herri Eskola. Getaria (Gipuzkoa)

LECTORES AVANZADOS (4º, 5º e 6º de Primaria)
• Mara López Rivera. CEIP Virxe do Carme. Sober (Lugo)
• Massylia Sadni. IES Lope de Vega. Nador (Marruecos)
• Fàtima Ezziani. Biblioteca Salvador Estremi Fa. Falset (Tarragona)
• A sección de Galtzagorri deixouno deserto

SÚPER LECTORES (1º e 2º de Secundaria). Só en Galicia houbo gañador nesta categoría, foi:
• Joel Covelo Gallego. IES Carlos Casares. Vigo (Pontevedra)

No resto das seccións declarouse deserto.

PRIMEIROS LECTORES
•Oriol de la Fuente Rial. 1º Primaria. Biblioteca Centro Sociocultural Aurelio Aguirre
de Conxo, Santiago de Compostela.

O acto de entrega de premios do concurso «Selfie Lix» de Galicia terá lugar o día 12 de xuño, ás 18.00, na Biblioteca do Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo (Santiago de Compostela).

Deixa un comentario!