Menu Xerais

«Poemar o mar», de Antonio García Teijeiro, entre os vinte mellores libros en español do último ano, segundo a selección literaria da Fundación Cuatrogatos.

O libro Poemar o mar, do que é autor o escritor Antonio García Teijeiro, ilustrado por Xan López, está entre os vinte mellores libros en español do último ano, segundo a selección literaria da Fundación Cuatrogatos, que concede premios anuais ás mellores obras. O libro gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2017 e está publicado por Xerais na colección Merlín.

A noticia da selección literaria da Fundación Cuatrogatos aparece recollida no Faro de Vigo, que subliña tamén outros dous títulos de Xerais entre os 100  recomendados. Son os seguintes: O corazón de Xúpiter e A señorita Bubble, ambos de Ledicia Costas.

A noticia pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

 

 

 

 

 


 

Deixa un comentario!