Menu Xerais

Presentación do libro: «Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975. A “Longa noite”» na RAG. Noticia nos medios de comunicación

Os xornais El Correo Gallego e 21 Noticias publicaron unha información sobre a presentación do libro: Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975. A “Longa noite”, de Xosé Ramón Pena, na RAG. O libro está publicado por Xerais na colección: Obras de Referencia – Xerais Universitaria. A continuación reproducimos a noticia publicada en El Correo Gallego.

«Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975. A “Longa noite”». Presentación na RAG

A detención de Celso Emilio Ferreiro no ano 1937 serve de punto de partida para a nova entrega do proxecto de Xosé Ramón Pena, quen presenta Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975. A longa noite.

 

Onte estivo falando na presentación feita na Real Academia Galega (RAG), acompañado do director de Xerais, Fran Alonso, e de Xesús Alonso Montero.

O académico gabou o rigor e a riqueza documental que ofrece en toda unha serie que presenta “o discurso literario galego desde Mendiño ata hoxe mesmo”, demostrando un dominio da historia da literatura no seu conxunto cada vez máis difícil de atopar, salientou.

Un percorrido desde o século XIII polas das nosas letras “que ten ademais ánimo divulgativo, capaz de achegala a diferentes públicos”, engadiu Alonso.

DEMOCRACIA A cuarta entrega alicerza unha narración documentada desde o comezo da guerra civil ata finais de 1975 pero tamén, nos últimos datas da ditadura, un momento en que se anunciaba o segundo rexurdimento das letras galegas que se produciría coa chegada dos tempos da democracia en España.

“Nestes anos, malia referirse á literatura realizada durante o franquismo, o número e a importancia dos textos vai en aumento, sobre todo a partir da década dos 60. Medra, polo tanto, a bibliografía que hai que tratar e a investigación con respecto ás etapas anteriores”, indica o autor.

Este volume segue a mesma pauta que os volumes anteriores, cun achegamento á historia das letras que, sen rexeitar a súa propia autonomía, a presenta tamén como “unha parte da historia xeral”, salienta o historiador.

 

A noticia foi recollida tamén polos seguintes medios:

- Historia da Literatura Galega IV. Xornal La Opinión.

- Historia da Literatura Galega IV. Real Academia Galega.

Deixa un comentario!