Menu Xerais

Presentación en Monforte de “O raposo aviador que voa sen motor” de Antonio Reigosa

O venres 24 de maio ás 20:00 horas, no Salón de Actos do Centro do Viño de Monforte, terá lugar a presentación do libro O raposo aviador que voa sen motor de Antonio Reigosa e ilustrado por Laura Cortés.

No acto, organizado por Aula Aberta en colaboración coa Deputación de Lugo, o Concello de Monforte, O Centro do Viño e a Librería Fénix, participarán Fran Bouso, Laura Cortés e Antonio Reigosa.

Deixa un comentario!