Menu Xerais

Presentación en Vigo de “Máis que ver” de Pepe Barro

O martes 21 de maio de 2019, no salón de actos da Escola Aula D, rúa Elduayen 36-1º de Vigo, terá lugar a presentación do libro Máis que ver, cen historias do deseño na Galiza de Pepe Barro.

O acto, organizado en colaboración co Ateneo Atlántico, Aula D. Escola de Deseño e Xerais, contará coa participación de Carlos Bernárdez e Pepe Barro.

Deixa un comentario!