Menu Xerais

Presentación na Coruña de “Michigan / Acaso Michigan” de Antón Reixa

O venres 5 de abril de 2019 ás 20:00 horas,  na Fundación Luis Seoane, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Michigan / Acaso Michigan. Crónica de 18 días en coma de Antón Reixa.

Derivado do libro, e durante 18 dias estivo funcionando,  na Fundación Luís Seoane, unha instalación na que un video coa voz do autor proxectábase sobre unha escultura de Francisco Leiro (imaxes de Antonio Segade, banda sonora de Anxo Graña e “mapping” de Juanma Lodo). Coincidindo coa clausura da instalación preséntase o libro orixinario do proxecto, coa intervención de Fran Alonso, director de Xerais, o poeta Xabier Cordal e o propio autor. Durante eses 18 días Reixa escribiu outros tantos textos confrontando as noticias de primeira plana durante o seu coma, a finais de 2016, coas do día en curso. Estes textos tamén serán comentados e repartidos ao público asistente.

 

Deixa un comentario!