Menu Xerais

Programa de Xerais na Feira do Libro da Coruña 2019

Do 1 ao 11 de agosto terá lugar a Feira do Libro da Coruña na que Xerais ten organizados os seguintes actos:

Día 1 de agosto, xoves

19:00 horas: Presentación de Quokka Moka de María Solar con ilustracións de Víctor Rivas. Participan Víctor Rivas e María Solar. Ao remate sinatura ilustrada.

19:45 horas:  Conversa entre Érica Esmorís, Quen salva un can e Andrea Maceiras, Conta nove estrelas, Premio Lazarillo 2018. Ao remate sinatura de exemplares.

Día 2 de agosto, venres

Daniel Asorey asina na caseta da libraría Pedreira.

Día 3 de agosto, sábado 

María Solar asina na caseta da libraría Pedreira.

Día 4 de agosto, domingo

Xabier Quiroga asina na caseta da librería Lume.

Manuel Esteban asina na caseta da libraría Pedreira.

Día 5 agosto, luns

Héctor Cajaraville asina na casetas da libraría Pedreira.

19:00 horas: Presentación de Un peixe no parqué de Ramón Vilar Landeira. Participan Fran Alonso e o autor. Ao remate sinatura de exemplares.

Día 6 de agosto, martes

19:00 horas: Presentación de Galileo no espello da noite de Xabier Paz. Participan Carmen Denébola Álvarez Seoane, Vicepresidenta da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, Fran Alonso e o autor. Ao remate sinatura de exemplares.

Día 7 de agosto, mércores

Ledicia Costas asina na caseta da librería Cartabón.

18:00 horas: Presentación de Os días felices de Benvido Seixas de Eduard Velasco. Participan María Lado, Fran Alonso e o autor. Ao remate sinatura de exemplares.

19:45 horas: Presentación de Rosalía feminista de Helena González Fernández. Participan Ana Romaní, Fran Alonso e a autora. Ao remate sinatura de exemplares.

20:30 horas: “Retratos e poemas da emigración”. Participan Manuel Rivas,  Manuel Álvarez, Manuel Bragado e modera Xosé Manuel Pereiro.  Tamén se presentará a tradución ao alemán da novela Os libros arden mal a cargo do catedrático de Kiel Javier Gómez Montero. Sinatura de Sementeira porträts e de todos os libros de Manuel Rivas.

Día 9 de agosto, venres

19:45 horas: Presentación de Lúa en Ningures de Beatriz Maceda. Participan Eli Ríos, Antonio Manuel Fraga e a autora. Ao remate sinatura de exemplares.

Día 10 de agosto, sábado

19:00 horas: Presentación de Aprende Banda Deseñada con Fiz de Kiko da Silva. Ao remate sinatura de exemplares.

20:30 horas: “Cantos de traballo das mulleres do mar”, banda sonora da novela  A gran travesía de Chiruca Macallás de Xurxo Souto. Ao remate sinatura de exemplares.

Día 11 de agosto, domingo

Manuel Rivas asina na caseta da librería Moito Conto.

Ledicia Costas asina na caseta da librería Moito Conto.

Deixa un comentario!