Menu Xerais

Programa de Xerais na Feira do Libro de Compostela 2019

Do 28 de abril ao 5 de maio, no paseo central da Alameda de Compostela, vai ter lugar a Feira do Libro de Santiago 2019. Xerais ten organizado o programa seguinte:

Día 28 de abril, domingo:

19:00 horas: Obradoiro arredor do libro Quokka Moka de María Solar, ilustrado por Víctor Rivas. Ao remate sinatura de exemplares.

Día 2 de maio, xoves:

19:00 horas: Presentación Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros de Pilar G. Rego. Participarán Estíbaliz Espinosa, Fran Alonso e a autora. Ao remate sinatura de exemplares.

19:00 horas: Sinatura de Suso de Toro na Caseta de NUMAX

19:45 horas: Presentación As mulleres da fin do mundo de Daniel Asorey. Participarán Montse Pena Presas, Fran Alonso e o autor. Ao remate sinatura de exemplares.

Día 3 de maio, venres:

19:00 horas: Presentación Formig4s. Misión Camiño de Santiago de Pere Tobaruela e Andrés Meixide. Participarán Fran Alonso e os autores. Ao remate sinatura de exemplares.

Día 4 de maio, sábado:

18:00 horas: Sinatura de Ledicia Costas na Caseta de NUMAX

Día 5 de maio, domingo:

18:00 horas: Sinatura de Héctor Cajaraville na Caseta de Pedreira

Deixa un comentario!